Dixitalizador de casetes por USB

mércores, 14 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios que aínda conserven cintas de casete na casa e queiran recuperalas poden estar interesados en adquirir un novo dispositivo da nipona Tec chamado Hideoto, e que vén a ser un reprodutor portátil de casetes ao máis puro estilo dos clásicos Walkman de Sony que pode funcionar coma reprodutor autónomo (conta con toma de auriculares estándar) alimentado por un par de pilas AA ou tamén conectarse por USB a un ordenador con Windows XP/Vista/7 para capturar as vellas cintas en WAV, MP3 ou WMA a bitrates de entre 32 e 320 Kbps.
O Hideoto porase á venda o mes que vén no Xapón por 4.980 iens (44,17 euros), aínda que os usuarios que conserven algún vello reprodutor de casetes poden obviar a súa compra, pois cun simple cable de audio conectado á entrada de micrófono dun ordenador poden suplirse as súas prestacións de dixitalización.

O Hideoto permite recuperar as vellas cintas de casete que teñamos na casa

PUBLICIDADE