Disney Infinity 3.0 chegará ás tendas o 4 de setembro

luns, 27 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O xogo Disney Infinity 3.0: Play Without Limits promete ser un dos grandes éxitos da campaña de Nadal este ano grazas en boa medida á incorporación dos personaxes de Star Wars a unha plataforma de lecer electrónico que xa incluía a numerosos personaxes de Marvel, Pixar e Marvel co atractivo de mesturar os mundos electrónicos con figuras coleccionables reais. Finalmente concrétase que a data de lanzamento deste xogo será o 4 de setembro, e chegará acompañado de moitos outros produtos que o complementan.
Deste xeito temos que co lanzamento do xogo tamén estarán dispoñibles o PlaySet de Star Wars: Twilight of the Republic cos figuras de Anakin Skywalker e Ahsoka Tano (máis as figuras de Yoda e Obi-wan Kenobi), as figuras de Star Wars Rebels (Kanan Jarrus, Ezra Bridger, Sabine Wren e Zeb Orrelios), a edición especial do Starter Pack de Star Wars (que no caso da PlayStation 4 incluirá como exclusiva a figura do mercenario Boba Fett), o PlaySet de Inside Out (Del Revés) que inclúe as figuras de Alegría e Ira (tamén venderanse soltas as figuras de Tristeza, Asco e Miedo), novas figuras de Disney (Mickey, Minnie, Mulán, Olaf, Sam Flynn e Quorra) e o Power Disc Pack de Star Wars Twilight of the Republic.
No outono sairán novos PlaySet e figuras para Disney Infinity: Play Without Limits.

Os usuarios de PS4 poderán facerse en exclusiva coa figura de Boba Fett para o xogo
O xogo supón a estrea de Star Wars en Disney Infinity


Tráiler do xogo

PUBLICIDADE