Discos duros portátiles Samsung S2 a 7.200 rpm e con USB 3.0
xoves, 19 de agosto do 2010
Samsung amplÃa a súa familia
S2 de discos duros externos portátiles (de 2,5 polgadas) con varias unidades
con capacidades de entre 320 e 640 Gb que durante este mes comezarán a
distribuÃrse en Europa e que destacan
por operar a 7.200 rpm e ser compatibles coa tecnoloxÃa USB 3.0, polo que
teñen unha velocidade de transferencia moi elevada. Tamén integran as
tecnoloxÃas SilentSeek e NoiseGuard para que as unidades fagan pouco ruÃdo durante
o seu funcionamento, e inclúen as aplicacións Samsung Auto Backup, SecretZone e
SafetyKey precargadas para facilitar a creación de copias de seguridade, a
encriptación de datos e a protección con contrasinais respectivamente.
Lembremos que as actuais unidades USB 2.0 teñen unha velocidade de 480 Mbps,
mentres que as interfaces SuperSpeed USB 3.0 chegan ata os 5 Gbps, atendendo ás
demandas de máis velocidade por parte dos usuarios que consumen vÃdeo en alta
definición ou grandes cantidades de datos.
- Os discos duros Samsung S2 están dispoñibles en distintas cores