Disco duro para gardar fotografÃas de tarxetas de memoria
luns, 29 de setembro do 2008Os amantes da
fotografÃa que non queiran cargar co ordenador portátil para copiar as imaxes
captadas pola súa cámara dixital poden optar agora polas unidades HyperDrive
COLORSPACE UDMA, que se venden en capacidade de entre 80 e 500 Gb (a
prezos de entre 339 e 599 dólares) e que permite facer copias de seguridade a
partir de tarxetas de memoria de 14 tipos (sen adaptadores, a través
de dúas fendas de lectura distintas) a unha velocidade de ata 2 Gb por minuto
(con verificación da integridade dos datos).
Estas unidades de almacenamento contan cunha pantalla LCD de 3,2 polgadas para
poder previsualizar as fotografÃas almacenadas e funcionan cunha baterÃa
recargable que permite mover ata 250 Gb de datos con cada carga. Se poden
conectar a un ordenador por USB para funcionar coma calquera outro disco duro
externo.
O dispositivo de HyperDrive mide
133 x 75 x 26 milÃmetros, pesa uns 298 gramos e serÃa o máis rápido (40
Mbytes/seg.) e de máis capacidade (ata 500 Gb) do mundo, asà como o de mellor
autonomÃa dentro desta gama de produtos.