Disco duro multimedia con soporte de BitTorrent
luns, 24 de marzo do 2008
Os discos duros multimedia están a proliferar no mercado, pero
algúns dispositivos pretenden ir moito máis aló e combinan distintas
prestacións que os fan fuxir de conexións USB e achegarse ás nosas redes locais
para ser máis accesibles e mesmo permitir a descarga de ficheiros directamente
da Internet, coma é o caso de Myka,
un disco duro con conectividade Ethernet e Wi-Fi cunha capacidade de 80/160/500
Gb que está baseado en Linux e se pode conectar ó televisor a través de HDMI,
vÃdeo composto e S-Video e se
vende a prezos de entre 299 e 459 dólares segundo a súa capacidade.
Este curioso disco lembra ó AppleTV, pero neste caso non precisa de iTunes para
a carga de contidos, que se pode facer a través da nosa rede local ou por USB,
aÃnda que destaca
por incluÃr un cliente BitTorrent, de xeito que pode descargar directamente
contidos da Internet, incrementando o atractivo deste trebello que reproduce os formatos de vÃdeo máis
populares (MPEG-2, WMV9, MPEG-4, H.264/AVC, VC-1 e DivX ata unha resolución
de 1.080 liñas entrelazadas).
O fabricante deste atractivo disco multimedia xa acepta reservas, aÃnda que o
produto non estará dispoñible ata o vindeiro verán.