Disco duro externo a xogo co Mac Mini

luns, 2 de xullo do 2007 Marcus Fernández

O deseño do Mac Mini inspirou no seu día a creación dos discos duros externos miniStack, que gardaban as mesmas dimensións, de xeito que eran ideais para o seu uso conxunto, e agora sacan a súa 3ª versión, que se vende en versións de ata 1 Tb de capacidade e que inclúe conectores eSATA, Firewire 800, Firewire 400 e USB 2.0.
O miniStack v3 é así compatible tanto con Mac coma con PC, inclúe un sistema de monitorización intelixente para minimizar tanto o consumo coma o ruído xerado polos seus ventiladores e supón así unha opción flexible e potente que vai dende os 160 Gb de capacidade (por 169,99 dólares) ata 1 Tb (por 549,99 dólares).

PUBLICIDADE