Disco duro en rede con ata 2 Tb de capacidade
mércores, 29 de outubro do 2008AÃnda que os discos duros
con conexión a redes locais sexan produtos dirixidos principalmente ao seu uso
en empresas, tamén teñen un potencial enorme para o fogar, e dispositivos coma
o MvixBOX combinan
nun único trebello un sistema de almacenamento en rede, un servidor de FTP, un
servidor web Apache (con MySQL e PHP preinstalados), un servidor multimedia (que
se pode comunicar coas consolas Xbox 360 e PS3 a través do protocolo uPnP),
cliente de BitTorrent (para descargar ficheiros sen precisar de ter o ordenador
acendido) e unha
capacidade total de ata 2 Tbytes, o que deberÃa ser máis que
suficiente para o almacenamento de ficheiros multimedia e copias de seguridade
de calquera fogar.
Unha das principais vantaxes deste tipo de trebello é o feito de que se conecta
ao router co que se accede á Rede e asà xa se pode acceder ao mesmo dende
calquera equipo conectado ao mesmo por cable ou Wi-Fi, estando os ficheiros
dispoñibles en todo momento para ordenadores de sobremesa, portátiles ou reprodutores
multimedia avanzados.
O prezo do MvixBOX é de 299 dólares sen discos duros, polo que resulta un pouco
caro para uso doméstico, o que pretende compensar cun manexo sinxelo, xa que
outros discos en rede que ofrecen prestacións semellantes non fan tal coa súa
configuración por defecto, senón que precisan de certos hackeos que só están ao alcance de usuarios experimentados.