Digi convértese en patrocinador oficial do Dépor

xoves, 24 de novembro do 2022 Marcus Fernández

O operador de telecomunicacións Digi ten unha grande presenza na Coruña, onde xa permite contratar a súa Fibra Smart e incluso conexións residenciais de 10 Gbps, pero a partir do vindeiro domingo aínda vai conseguir unha maior visibilidade, xa que vén de asinar un acordo para ser patrocinador oficial do Real Club Deportivo da Coruña até a tempada 2023-2024. Os xogadores do Dépor lucirán o logotipo de Digi na parte traseira da súa camiseta.
O conselleiro delegado de Digi en España, Marius Varzaru, asegurou estar orgulloso de «apoiar este club tan recoñecido e con tanta historia co que estamos encantados de poder colaborar e co que estamos seguros de que conseguiremos moitos éxitos xuntos».

Vídeo no que anuncian o novo patrocinador oficial do RC Deportivo

PUBLICIDADE