Diablo Immortal terÃa ingresado 49 millóns de dólares no seu primeiro mes
xoves, 7 de xullo do 2022
AÃnda
que nos últimos meses Blizzard está a enfrontarse a unha complicada crise de
reputación, e o feito de que Diablo Immortal fose un xogo orientado a dispositivos
móbiles (especialmente no seu modelo de negocio) provocou aÃnda máis odio por
parte de moitos xogadores habituais amantes da franquÃa de Diablo, a
realidade é teimuda, e confirma que certas prácticas que non gustan aos
xogadores clásicos encaixan perfectamente na conxuntura actual, xa que segundo
estimacións de Appmagic Diablo
Immortal conseguiu ingresar 49 millóns de
dólares dos 10 millóns de descargas do seu primeiro mes de vida.
Temos asà que, pese as crÃticas, Diablo Immortal serÃa o meirande
lanzamento da franquÃa Diablo, xa que a anterior marca establecéraa Diablo
3, que tardou 6 semanas en conseguir vender 10 millóns de copias. AÃnda que
comparar estas cantidades non ten moito sentido (xa que Diablo 3 é un
xogo a prezo completo, mentres que Diablo Immortal pode descargarse de
balde), de manter o pulo o xogo móbil poderÃa ser moito máis rendible