Diablo III chegará este ano a Nintendo Switch
xoves, 16 de agosto do 2018
Dende
Forbes publicaron
accidentalmente un artigo (xa
eliminado) no que confirmábase que Blizzard estaba a ultimar unha versión
do xogo Diablo III para Nintendo
Switch, que chegará ao mercado este mesmo ano como unha Eternal Collection que incluirÃa as expansións Reaper of Souls e Rise of the
Necromancer que completaran o xogo que leva trunfando en diferentes
plataformas dende 2012.
A versión para Nintendo Switch de Diablo
III tamén incluirá algúns engadidos exclusivos, como unha armadura cosmética
de Legend of Ganondorf, un marco de
retrato de Tri-Forza, un polo mascota e unhas ás cosméticas de Echoes of the Mask.
O xogo poderá gozarse tanto en mobilidade como conectado ao televisor, e
permitirá que até 4 usuarios xoguen xuntos nunha única Switch, que até 4
usuarios xoguen xuntos en 4 Switch diferentes comunicadas sen fÃos (sen
conexión á Rede) e tamén contará con modo cooperativo en liña (para o que será
preciso o servizo
de pagamento Nintendo Switch Online que verá a luz en setembro).
Este lanzamento para Switch non só é importante por incrementar as
posibilidades de xogo da consola de moda¸
senón que tamén serÃa moi significativo, xa que serÃa o primeiro xogo de Blizzard
para unha consola de Nintendo dende StarCraft
64 (xogo de Nintendo 64 que veu a luz en 2000).
Tráiler de Diablo III para Nintendo Switch