Dexter estrea xogo para iPhone
luns, 14 de setembro do 2009- O xogo fai uso duns gráficos 3D de grande calidade para funcionar nun dispositivo móbil
A serie de
televisión de Dexter está a ter un
éxito considerable, pero a súa acción non está limitada ao ficción estática,
senón que tamén funciona de xeito interactivo grazas a un novo xogo para o
iPhone e iPod Touch que vén
de incorporarse á App Store por 4,99 euros, e que aÃnda que só está en
inglés, de seguro que vai ser do agrado dos seguidores do asasino en serie máis
carismático de Miami, que incluso poderán gañar
unha aparición na futura quinta tempada da serie, asà coma outros premios.
O xogo para iPhone segue a premisa da serie televisiva, con Dexter Morgan
recollendo información das súas presas, para matalas co seu estilo habitual. A
nivel gráfico destaca polo seu bo uso das 3D (coa posibilidade de cambiar entre
vista en primeira e terceira persoa), conta cunha grande variedade de diálogos
(incluÃndo a voz de Michael C. Hall), fai uso tanto da pantalla táctil coma do
acelerómetro e, coma xa comentamos, unha das súas poucas eivas é non estar
traducido ao español.
- No xogo, Dexter seguirá a súa cadea de asasinatos de culpables que evitaron as zarpas da lei