Deteñen en Francia ao fundador de Telegram, Pavel Durov
luns, 26 de agosto do 2024
O pasado sábado pola noite o fundador e director xeral de Telegram, Pavel Durov, foi detido no aeroporto francés de Le Bourget procedente de Acerbaixán, frustrándose asà a súa intención de pasar a noite en ParÃs. Actualmente Durov estarÃa en prisión preventiva, tras a que é previsible que teña que comparecer ante o xuÃz de instrución de ParÃs encargado dunha investigación xudicial por varios delitos relacionados con Telegram.
Cómpre lembrar que a axencia francesa de Prevención da Violencia contra a nenez (OFMIN) xa emitira unha orde de busca e captura contra Pavel Durov por mor dunha investigación por delitos de estafa, tráfico de drogas, ciberacoso, crime organizado, apoloxÃa do terrorismo, fraude... polo que sorprendeu o feito de que Durov ousase pór o pé en territorio francés sabendo que estaba a ser perseguido polas autoridades.
Ao parecer, a Xustiza francesa acusa a Pavel Durov da falta de moderación en Telegram, asà como da falta de cooperación coa autoridades nas investigacións contra o uso delituoso da súa plataforma.
Dende Telegram aseguran cumprir as leis europeas (incluÃndo a Lei de Servizos Dixitais), apuntan a que Pavel Durov «non ten nada que agochar e viaxa con frecuencia a Europa» e consideran absurdo asegurar que unha plataforma ou o seu propietario son responsables dos abusos que se fan dela.
ConfÃase en que ao longo do dÃa se realice algún comunicado oficial por parte das autoridades galas clarexen a situación.
ACTUALIZACIÓN: Esta tarde o presidente francés, Emmanuel Macron, ante as informacións que acusaban ao seu goberno da detención de Durov, declarou que «a detención do presidente de Telegram en territorio francés produciuse no marco dunha investigación xudicial en curso. Isto non é de ningún xeito unha decisión polÃtica. Corresponde aos xuÃces decidir».
ACTUALIZACIÓN: Finalmente a FiscalÃa francesa emitiu un comunicado de prensa sobre a detención de Pavel Durov, no que aseguran que a medida tivo lugar no marco dunha investigación xudicial aberta o 8 de xullo de 2024, tras unha investigación preliminar iniciada pola sección J3 (loita contra a ciberdelincuencia - JUNALCO) da FiscalÃa de ParÃs.
Os cargos serÃan os seguintes:
– Complicidade - Administración dunha plataforma en liña para permitir unha transacción ilÃcita en banda organizada.
– Negativa a comunicar, a solicitude das autoridades competentes, a información ou documentos necesarios para a realización e explotación das intervencións autorizadas pola lei.
– Complicidade - PosuÃr a imaxe dun menor de carácter pedopornográfico.
– Complicidade - Difusión, oferta ou disposición en banda organizada de imaxes de menores con carácter pornográfico.
– Complicidade - Adquisición, transporte, posesión, oferta ou cesión de substancias estupefacientes.
– Complicidade - Oferta, cesión ou disposición sen motivo lexÃtimo dun equipo, instrumento, programa ou dato deseñado ou adaptado para afectar e acceder ao funcionamento dun sistema automatizado de tratamento de datos.
– Complicidade - Estafa en banda organizada.
– Asociación ilÃcita con vistas a cometer un crime ou delito castigado con polo menos 5 anos de prisión.
– Branqueo de capitais de crimes ou delitos en banda organizada.
– Prestación de servizos de criptografÃa destinados a asegurar funcións de confidencialidade sen declaración conforme.
– Subministración dun medio de criptografÃa que non garante exclusivamente funcións de autenticación ou control de integridade sen declaración previa.
– Importación dun medio de criptografÃa que non garante exclusivamente funcións de autenticación ou control de integridade sen declaración previa.
Os maxistrados instrutores encargados desta investigación xudicial co-asignaron ao centro de loita contra as criminalidades dixitais (C3N) e á oficina nacional antifraude (ONAF) a continuación das investigacións. Neste marco están a interrogar a Durov, podendo manter a custodia policial até o 28 de agosto de 2024, tendo en conta o procedemento aplicable ás infraccións relacionadas co réxime da criminalidade organizada mencionadas anteriormente.