Desvelan os 50 xogos que incluirá a PC Engine mini
venres, 12 de xullo do 2019
O anuncio de que a consola PC Engine
ía contar cunha versión mini foi toda unha sorpresa, xa que estamos ante unha
máquina que non conseguiu callar no mercado no seu día, especialmente en
España, a onde chegaron poucas unidades a preto de 3 anos do lanzamento nipón,
pero agora que se preparan esta versión miniaturizada que podemos considerar conmemorativa,
de seguro que moitos comezar a respectar o boa que foi a consola clásica e o
potente que era o seu catálogo.
A PC Engine Core Grafx mini
chegará ao mercado o 19 de marzo de 2020 cun tamaño de só 120 x 115 x 35
milímetros, incluíndo un mando, un cable de carga USB e un cable HDMI para
conectar ao televisor e poder gozar da súa imaxe a 720p ou 480p (podendo activar
efectos para simular que estamos a xogar nun televisor de tubo).
O catálogo de xogos que incluirá esta nova consola mini será moi competo,
combinando 24 títulos en inglés (Air Zonk, Alien Crush, Blazing Lazers,
Bomberman ‘93, Bonk’s Revenge, Cadash, Chew-Man-Fu, Dungeon Explorer, J.J.
& Jeff, Lords Of Thunder, Military Madness, Moto Roader, Neutopia, Neutopia
II, New Adventure Island, Ninjaspirit, Parasol Stars, Power Golf, Psychosis,
R-Type, Soldier Blade, Space Harrier, Victory Run e Ys Book I&II)
con 26 títulos en xaponés (Castlevania: Rondo Of Blood, Aldynes, Appare!
Gateball, Bomberman ‘94, Bomberman Panic Bomber, Chō Aniki, Ghouls ‘N’ Ghosts,
Dungeon Explorer, Fantasy Zone, Ginga Fukei Densetsu Sapphire, Nemesis, Nemesis
II, Jaseiken Necromancer, Military Madness, Neutopia, Neutopia II, Ninja
Gaiden, Bonk, Salamander, Snatcher, Fantasy Star Soldier, Super Darius, Super
Momotarō Dentetsu II, Super Star Soldier, China Warrior e Ys I&II),
que demostran que a PC Engine contaba con boa parte dos mellores xogos do seu
momento.
A nova consola mini tamén incluirá funcionalidades moi de agradecer como a
función de gardado rápido (para poder deixar de xogar e retomar a partida no
momento exacto no que se abandonou) e incluso permitir xogar até a 5 xogadores
á vez en local tirando proveito dun accesorio coñecido como Multitap.
- Castlevania: Rondo of Blood é un dos xogos en xaponés que incluirá a PC Engine mini
Vídeo de presentación dos xogos que incluirá a PC Engine Core Grafx mini