Desvelan o LG Optimus Vu II, smartphone con pantalla de 5 polgadas e LTE

xoves, 27 de setembro do 2012 Marcus Fernández

A resposta aos Samsung Galaxy Note de LG, o Optimus Vu, que aínda chegou a Europa este mesmo mes, xa ten un sucesor, o LG Optimus Vu II, que vén de anunciarse en Corea do Sur, e que continúa a apostar por unha pantalla IPS de 5 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, pero incorporando conectividade LTE e actualizando as súas prestacións xerais. O novo terminal conta cun procesador MSM 8960 de dobre núcleo a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, cámaras de 8 e 1,3 Mpíxeles, Android 4.0, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, MHL, NFC, USB 2.0, Wi-Fi direct, Miracast, batería de 2.150 mAh con carga sen fíos, unhas medidas de 132,2 x 85,6 x 9,4 milímetros e un peso de 159 gramos, que porase á venda por 966.900 wons (672,76 euros).
Entendemos que este lanzamento responde á chegada ao mercado dun novo Galaxy Note, aínda que é de agardar que este smartphone non chegue polo momento a Europa por estar pensado para redes LTE (que non se espera que sexan populares en Europa ata 2014).

O LG Optimus Vu II venderase en 3 cores distintas

PUBLICIDADE