Desperados III sae á venda
martes, 16 de xuño do 2020
O clásico de 2001 Desperados: Wanted Dead or Alive
recibe hoxe a súa precuela, Desperados
III¸ xogo narrativo con importantes tácticas de sixilo que desenvolve a
súa acción o salvaxe oeste americano. Nesta entrega temos ao pistoleiro John
Cooper aliado coa noiva á fuga Kate, o sicario Doc McCoy, o cazador Héctor e a
misteriosa muller de Nova Orleans Isabelle. Cooper emprende unha misión de
vinganza que leva ao grupo por diferentes cidades rurais, pantanos e ribeiras
até un enfrontamento final digno das lendas do salvaxe oeste.
O xogo está dispoñible
para PC, Xbox One
e PlayStation
4, permite controlar a cinco
personaxes únicos con cadansúa habilidade especial; ofrece total liberdade de
decisións con infinitos xeitos de superar cada obstáculo; o xogador pode elixir
entre derrotar aos inimigos con estratexia ou execucións coidadosas; optar
entre ataques non letais ou mortais; é posible axustar o xogo a distintos
estilos, asà como repetir os niveis para completar desafÃos; e no modo Enfrontamento
pódese pausar o xogo en calquera momento e reaccionar a emboscadas e ataques
por sorpresa.
Tráiler de lanzamento do xogo