Desenvolven unha pulseira que bloquea os micrófonos próximos

luns, 17 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Un grupo de investigación da Universidade de Chicago está a sorprender por ter desenvolvido unha pulseira que emite ruído ultrasónico que non perciben as persoas, pero que afecta aos micrófonos que temos ao noso redor, pensando especialmente nos nosos móbiles e altofalantes conectados, de xeito que serviría para bloquear a escoita que realizan estes dispositivos, e incluso para protexer ante micrófono ocultos.
Este traballado realizouse ante a proliferación de dispositivos con micrófono integrado, e a preocupación que esperta entre moitos que poidan estar a espiar as nosas conversas. Deste xeito sería posible impedir o funcionamento correcto dos micrófonos, aínda que estamos ante un produto con grandes limitacións na súa etapa actual (os emisores de ruído ultrasónico son direccionais, o seu tamaño é moi esaxerado...), pero ao estarmos ante un produto de investigación non debería ser preocupante, senón que simplemente pode servir para captar ideas de como protexernos no futuro ante escoitas indesexadas.

Vídeo de demostración da pulseira

PUBLICIDADE