Desenvolvedores galegos impulsan unha aplicación que nos axuda a escapar do que nos fai improdutivos, a app Kiply
luns, 2 de marzo do 2015
Temos
o tempo que temos, nin máis nin menos. A cuestión non é tanto
incrementalo (cousa difÃcil) como organizalo e xestionalo mellor.
Isto podémolo facer nós menos, non hai dúbida, pero tamén podemos
permitir a entrada en xogo de apoios tecnolóxicos que poñan en xogo
a parte de cabeciña que nós polos motivos que sexan non queiramos
ou non poidamos dar. A ferramenta
móbil Kiply, unha aplicación dispoñÃbel dende principios de
ano da man da startup
galega do mesmo nome, constitúe
en boa maneira unha prolongación eficaz de nós mesmos. Segundo
nos contan os seus desenvolvedores, Kiply foi creada ante todo para
incrementar a produtividade persoal dos usuarios de dispositivos.
Para acadalo, integra tecnoloxÃa, metodoloxÃa e un terceiro factor
que sempre é de agradecer: consellos para unha vida mellor. Neste
caso concreto, unha vida máis produtiva.
Falamos
con
José Higinio Cánovas Losada
(CEO de Kiply) e Ricardo Cacheda RodrÃguez (director de Operacións)
para
que nos conten en máis detalle como é que Kiply pode sacarlle punta
ao noso dÃa a dÃa persoal e profesional.
-Por
que unha ferramenta que nos axude a organizar o tempo? Credes que é
unha tendencia xeral iso de que moitos de nós supostamente teñamos
problemas para administrar mellor o tempo que adicamos a traballar?
Que cousas son as que nos impiden unha boa organización do tempo?
-Ó
longo da nosa experiencia profesional en distintos paÃses
decatámonos de que a xente perde moito tempo en actividades pouco
produtivas coma ler o correo demasiadas veces ó dÃa, reunións
pouco eficaces, interrupcións, etc. Ademais disto, hai xente moi
boa que non é quen de demostrar o que vale e que, polo tanto, non
recibe o recoñecemento que se merece. Creamos Kiply para dar
resposta á necesidade dunha ferramenta que axude ós profesionais a
xestionar o seu tempo e a aprender de xeito personalizado, asà como
a avaliar de forma obxectiva o seu desempeño. Todo isto co obxectivo
de mellorar a súa produtividade persoal e, á vez, a súa vida
profesional e persoal.
-Que
inclúe Kiply? Consellos, recomendacións ou cousas de Ãndole máis
práctica?
-A
versión gratuÃta de Kiply inclúe un informe semanal no que se
resume a actividade do usuario cando emprega dispositivos
electrónicos coma
PC, tableta ou
smartphone. Grazas ó informe, o usuario pode coñecer as
tarefas nas que
inviste máis tempo, cales son
os seus hábitos de traballo e a súa evolución diaria. A todo isto
hai que engadir un consello semanal que axuda ó usuario a aprender e
mellorar de forma sinxela. Deste xeito, pode coñecer os seus hábitos
produtivos e xestionar mellor o seu tempo. Neste momento tamén está
dispoñible unha versión para empresas que inclúe moitas máis
funcionalidades coma xestión de equipos, técnicas de gamificación
ou un adestrador persoal de produtividade.
-Diciades
recentemente que Kiply tamén achega seguridade e privacidade. Que
relación ten isto coa rendibilidade no traballo? Pode a falta de
seguridade repercutir nunha boa xestión da nosa actividade
profesional?
-Garantir
a seguridade dos nosos usuarios e respectar a súa privacidade é a
base do noso compromiso ético. A diferenza da nosa competencia, en
Kiply empregamos unha férrea infraestrutura de seguridade para
garantir a protección de tódolos nosos usuarios. En todo intre
o usuario é quen decide o uso que se fai da súa información
persoal. Cremos que dar estas garantÃas de seguridade é fundamental
para que confÃen na nosa ferramenta e para que desempeñen a súa
actividade profesional sen risco de que a súa información sexa
empregada dun xeito que eles non desexan.
-Kiply
está a dÃa de hoxe en versión beta, para cando unha versión
definitiva ou estábel? Para cando para Android?
-Nestes
momentos seguimos traballando en mellorar a versión gratuÃta para
poder ofrecer máis funcionalidades ós nosos usuarios e agardamos
que estea rematada a finais do mes de marzo. A versión para Android
estará dispoñible no mes de xuño e, ó igual que a versión para
Windows, poderá descargarse a través da nosa páxina web
www.kiply.com. Ademais disto,
agardamos lanzar a versión estándar a mediados e abril que, a
cambio dunha pequena cota mensual, ofrece maiores funcionalidades
coma a posibilidade de descargar os datos, fixar obxectivos persoais
ou crear proxectos de actividades.
-Podemos
usalo no PC ou unicamente en dispositivos móbiles?
-Polo
momento só está dispoñible a versión de Kiply para Windows, pero
a partir de xuño poderá descargarse a versión para Android e no
futuro agardamos que estea dispoñible tamén para iOS. A nosa idea é
que calquera usuario, con independencia dos
dispositivos e sistemas operativos que empregue, poda gozar dos
beneficios de Kiply.
-Como
funciona Kiply unha vez que o descargamos?
É certo que nos envÃa informes da nosa actividade? Que podemos
facer con estes informes sobre os nosos hábitos? Kiply tennos ao
tanto de cando comezamos a mellorar?
-Unha
vez descargado e activado Kiply, o usuario comeza a recoller
información sobre a súa actividade de forma automática. Cada luns,
recibe no seu correo electrónico un informe co resumo da súa
actividade semanal no que pode saber como
e de que maneira
inviste o seu tempo, ademais de aprender grazas ós consellos.
Analizando a súa información, cada usuario pode coñecer os seus
hábitos produtivos, detectando as actitudes que debe mudar
e as que debe reforzar para xestionar o seu dÃa a dÃa con máis
eficiencia. Semana a semana, ve a súa evolución e pode marcarse
novos obxectivos co fin de mellorar a súa produtividade persoal.
-Tendes
proxectado incluÃr algunha novidade a maiores na ferramenta?
-O
noso principal obxectivo nestes intres é
perfeccionar o servizo de Kiply de balde,
mellorando o deseño e a información que ofrece o informe semanal.
Estamos a traballar
tamén nun panel persoal accesible dende a web no que os usuarios
podan consultar os seus datos máis polo miúdo e personalizar a
información que desexan recibir no informe semanal. Ó longo do 2015
iremos lanzando outras versións de Kiply, estas xa de pago, que
inclúen moitas máis funcionalidades coma técnicas de gamificación,
xestión de equipos ou fixar obxectivos persoais.
-Din
nos foros os usuarios da aplicación que está destaca pola súa
sinxeleza. Isto foi premeditado? Foi a vosa intención achegar unha
ferramenta ante todo simple e doada de usar? É necesario ter
coñecementos tecnolóxicos avanzados para empregala?
-Buscamos
un deseño coidado e sinxelo para facilitar a usabilidade
e a navegación. O principal obxectivo de Kiply é ser útil e, para
iso, unha visualización de datos clara e sinxela é fundamental.
Intentamos construÃr unha ferramenta moi intuitiva para que calquera
persoa, independentemente do seu nivel de coñecementos tecnolóxicos,
sexa quen de empregala.
-A
quen se dirixe sobre todo Kiply? A que tipo de profesionais?
-O
noso mercado obxectivo son os traballadores da información, dende os
freelancers
ou autónomos e pequenas empresas, ata as empresas de máis de 50
empregados. Calquera profesional que faga uso intensivo de
ordenadores e/ou dispositivos móbiles para o desempeño do seu
traballo diario pode entrar na nosa web www.kiply.com
e comezar a mellorar a súa produtividade persoal.