Denuncian que a aplicación de Zoom para iOS comparte información con Facebook
venres, 27 de marzo do 2020
As aplicacións que permite comunicarse en vÃdeo dispararon o
seu uso nas últimas semanas, e unha que para moitos era unha grande
descoñecida, Zoom, cobrou unha grande relevancia
en distintos medios en liña, converténdose nun produto de moda que
moitos están a animarse a probar, pero iso tamén espertou a preocupación sobre
a súa seguridade (lembremos que o
ano pasado padeceu un grave fallo de seguridade que permitÃa acceder ás webcams
dos seus usuarios) e polÃtica de privacidade que resultou estar xustificada,
xa que veñen de denunciar que a
aplicación de Zoom para iOS envÃa datos a Facebook incluso aÃnda que o usuario
que emprega a ferramenta careza de conta de Facebook.
Se ben é moi habitual que as aplicacións estean desenvolvidas empregado algún
kit de desenvolvemento de Facebook para facilitar a creación de certas
funcionalidades, o feito de que os usuarios de Zoom non sexan advertidos de que
teñen información súa circulando por servidores de Facebook, nin sequera nos
amplos documentos de polÃtica de privacidade, é algo que non pode tolerarse, e
leva a pensar que Zoom non é unha compañÃa que preste atención á información
persoal dos seus usuarios (como moitas outras empresas estadounidenses).
Entre a información que Zoom compartirÃa con Facebook estarÃa cando o usuario
abre a aplicación e detalles como o modelo do dispositivo empregado, a zona
horaria, a cidade dende a que se establece a conexión, o operador móbil que
está a empregar e incluso un identificador único para publicidade, información
que para algúns non resultará preocupante, pero da que o usuario deberÃa ter a
opción de decidir sobre o seu tratamento (especialmente se está en territorio
europeo).
ACTUALIZACIÓN: Despois de desvelarse que a aplicación de Zoom para iOS compartÃa información con Facebook incluso aÃnda que os seus usuarios non tivesen conta na plataforma social de Mark Zuckerberg, dende a compañÃa tomaron medidas, eliminaron da aplicación o código que remitÃa datos a Facebook e pediron desculpas polo acontecido.