Dell presenta unha pantalla de 23 polgadas 3D e e Full HD
martes, 19 de xaneiro do 2010
Nos últimos meses chegaron
ás tendas pantallas de ordenador que en combinación cuns lentes especiais
permiten a visualización de imaxes estereoscópicas, prestación da que
habitualmente pode tirarse proveito nos videoxogos, aÃnda que os modelos
presentes no mercado tiñan habitualmente unha resolución de pantalla de 1.680 x
960 pÃxeles, de aà que será ben recibido o monitor Dell
Alienware AW2310 3D, que conta cunha pantalla de 23 polgadas a 120
Hz, cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles (Full HD), un brillo de 400 cd/m2,
un contraste dinámico de 80.000:1 e compatibilidade coa tecnoloxÃa nVIDIA 3D
Vision, de xeito que de combinarse cos periféricos atinados serve para levar a
visualización en 3D a centos de xogos de ordenador.
Estamos ante un dos poucos monitores Full HD con capacidades 3D, de xeito que,
cando non se use para ver imaxes estereoscópicas, tamén operará coma unha
pantalla de alta resolución e calidade, cun prezo
bastante contido (uns 500 dólares) para unha tecnoloxÃa aÃnda
emerxente.
- O monitor combinado cunha tarxeta gráfica de nVIDIA e uns lentes permite a visualización de imaxes estereoscópicas