Dell presenta un monitor táctil de 70 polgadas para conferencias
luns, 27 de xuño do 2016
Pensando na realización de presentacións de negocios Dell
vén de presentar unha revisión do seu monitor
Dell 70 para salas de conferencia (modelo C7016H) que contaba cunha
diagonal de 70 polgadas e resolución Full HD, e dótao de capacidades táctiles
converténdoo no Dell
70 Interactive, levando o seu prezo nos EE.UU. até os 4.999,99 dólares.
Este novo monitor busca atender á demanda de pantallas planas interactivas, que
parecen estar collendo o relevo dos encerados dixitais baseados en proxectores
de vÃdeo, por achegar unha experiencia moito máis confortable e sen problemas
de sombras nin complicadas instalacións.
O
novo monitor ten un panel táctil de 10 puntos que inclúe 2 lapis
dixitalizadores, de xeito que é axeitado para usos colaborativos. Ten unha
capa antirreflexos e antigraxa, de xeito que as imaxes en pantalla vense sempre
nÃtidas, e goza dunha ampla conectividade (incluso conta con tomas RS232 e RJ45
para facilitar o seu control remoto) podendo ampliarse cun dispositivo opcional
que o dota de conectividade sen fÃos.
Este monitor Full HD de 1.593,5 x 932,6 x 95,1 milÃmetros e 78,5 quilos de peso
(55,5 quilos se falamos só do panel, xa que é posible montalo na parede) conta
cunha entrada VGA, unha entrada DisplayPort, 2 portos HDMI 1.4 (sen MHL), un
porto HDMI (con MHL), entrada e saÃda de audio, 1 porto USB 2.0 para o uso das
súas funcionalidades táctiles e 4 portos USB 3.0 (dos que un pode achegar carga
rápida). Unha solución moi completa para salas de conferencias.