Dell pon á venda o primeiro portátil 2-en-1 con carga sen fíos

xoves, 13 de xullo do 2017 Marcus Fernández

Dell está a iniciar a comercialización dos seus novos ordenadores portátiles 2-en-1 da gama Latitude 7000 con pantalla de 12 polgadas que presentárase na pasada edición do CES de Las Vegas, onde presumiu de ser o primeiro portátil 2-en-1 con carga sen fíos ao integrar a tecnoloxía de carga sen fíos por resonancia magnética de WiTricitypara o que é preciso equipar aos equipos cunha pequena alfombra de carga e coa base-teclado que integra a tecnoloxía de carga, accesorios que polo momento non están á venda en España e que nos EE.UU. teñen uns prezos de 379,99 e 199,99 dólares respectivamente (o que pode parecer un prezo excesivo para simplemente eliminar a incomodidade do cable de carga).
O Dell Latitude 7285 está xa dispoñible en España a un prezo de 1.582 euros para unha configuración que inclúe procesador Intel Core i5 a 3,2 GHz, 8 GB de RAM, 128 GB de SSD, pantalla de 12,3 polgadas cunha resolución de 2.880 x 1.920 píxeles (3K), 2 portos USB-C con Thunderbolt 3, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.2 e sistema operativo Windows 10 Pro. Pode funcionar como tableta (cun peso de só 680 gramos) ou como ordenador portátil completo (ao conectarlle o teclado) que podemos ver como unha magnífica solución para a produtividade, para o que tamén poden resultar de utilidade accesorios como unha estación base (que permite conectar até 2 pantallas Full HD e outros periféricos ocupando só un cable USB-C do equipo) e un lapis activo para poder tirar proveito da tecnoloxía de tinta electrónica de Microsoft.

PUBLICIDADE