Dell Latitude XT2, un Tablet PC con pantalla multi-táctil

martes, 10 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Aínda que os Tablet PC parecían ter desaparecido do mercado, Dell sorpréndenos co seu Latitude XT2, que conta cunha pantalla multi-tácil de 12,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles e retroiluminación LED que non permite unha experiencia de uso que lembra ao iPhone, senón que tamén conta cunha autonomía de ata 11 horas.
O Dell Latitude XT2 ten un procesador de ata un Intel Core 2 Duo ULV SU9400 a 1,4 GHz con chipset Montevina, integra unha gráfica Intel GMA 4500MHD, funciona con Windows Vista Ultimate, soporta ata 5 Gb de RAM, ata 120 Gb de disco duro (con opción de SSD de 128 Gb), Wi-Fi (IEEE 802.11n) Gigabit Ethernet, eSATA, 2 portos USB, Firewire, fenda ExpressCard 54 e todo insto nun peso de só 1,72 quilos, polo que é unha impresionante mestura de prestacións e mobilidade.
Este equipo pode operar coma un ordenador portátil ordinario, pode xirarse a súa pantalla para facer de Tablet PC, e non só é posible manexar a súa pantalla cun lapis especial, senón que tamén podemos empregar os dedos para movernos por páxinas web, ampliar imaxes (ou textos), pechar fiestras… como xa comentamos, un uso moi semellante ao das pantallas dos iPhone/iPod Touch.


Vídeo de presentación deste impresionante Tablet PC de Dell

PUBLICIDADE