Dell Latitude 10: un tablet con Windows 8 para uso profesional
mércores, 24 de outubro do 2012
- O Dell Latitude 10 pode conectarse a unha base para facilitar o seu uso na oficina
Pensando no seu uso por parte de empresas Dell incorpora ao
seu catálogo o tablet
Latitude 10, que permite gozar do novo Windows 8 dende a súa pantalla
táctil IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles con cristal
Corning Gorilla (que pode empregarse tanto cos dedos como cunha stylus de Wacom
opcional) e que conta cunha configuración que o fai asumible para os que
busquen un tablet capaz de executar Windows 8 Pro.
O Dell Latitude 10 funciona cun procesador Intel Atom Dual Core Z2760, 2 Gb de
RAM, unidade SSD de 64 Gb, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0 LE, opcións de banda larga
móbil e GPS, son de calidade, cámaras de alta definición (a cámara posterior é
de 8 Mpíxeles), conectividade USB 2.0, lector de tarxetas de memoria SD, saída
mini-HDMI e batería intercambiable de 2 ou 4 celas que ten
un prezo base de 789 euros + IVE.
Este tablet tamén conta cunha base opcional para facilitar o seu uso no
escritorio, pode conectárselle de xeito externo unha unidade óptica, ten un
deseño robusto, un grosor de só 10,5 milímetros e un peso de 668 gramos,
- O tablet de Dell está deseñado para tirar proveito do potencial de Windows 8
Vídeo de presentación do novo tablet profesional de Dell