Decepciona a chegada a móbiles de Age of Empires

xoves, 17 de outubro do 2024 Marcus Fernández

O pasado verán anunciouse a data de lanzamento do agardado Age of Empires Mobile, e agora que chegou o día xa podemos descargar o xogo para os dispositivos móbiles de Apple e para Android, e aínda que a descarga é de balde, estamos ante un xogo que decepcionará a moitos por abusar das compras dentro a aplicación e ofrecer unha experiencia moi semellante á das versións para PC do xogo.
Age of Empires Mobile preséntase como un xogo de estratexia deseñado especificamente para plataformas móbiles, recuperando elementos clásicos da franquía, permitindo elixir entre 8 civilizacións diferentes, e ofrecendo experiencias de batalla bastante completas, engadindo certo carácter a través da presenza de heroes de lenda de varias civilizacións como Xoana de Arco, Leónidas ou Xulio César.
A reacción a este xogo está a ser maioritariamente negativa, por non satisfacer aos seareiros da serie, que esperaban unha experiencia máis próxima á das entregas clásicas. Tamén está a ser moi criticado o abuso das microtransaccións, a introdución de mecánicas de azar (que poden fomentar a ludopatía), ofrece varios pases de batalla e o seu multixogador prima aos xogadores que máis gastan, de aí que é bastante probable que esteamos ante un grande fracaso se non corrixe a tempo un modelo de negocio tan abusivo.

Tráiler de lanzamento do xogo