Death Stranding terá versión para PC
luns, 28 de outubro do 2019
- Até hoxe Death Stranding era un xogo moi ligado á marca PlayStation
Este mércores Kojima Productions vai estrear na Paris Games
Week o tráiler de lanzamento de Death Stranding, agardado xogo que verá
a luz para PlayStation 4 o vindeiro 8 de novembro, e que non se conformará
con ver a luz nunha única plataforma, anunciando
hoxe mesmo que a primeiros do verán de 2020 terá unha versión para PC que publicará 505
Games.
O xogo estivo moi ligado á marca PlayStation 4 durante os últimos anos, polo
que o anuncio dunha versión para ordenadores persoais pode desmerecer o seu
lanzamento para algúns xogadores que poderÃan preferir agardar uns meses para
poder gozar dunha versión do xogo superior graficamente, aÃnda que o máis
probable sexa que non se perciba nas vendas, xa que os seareiros de Hideo Kojima
quererán experimentar o xogo o antes posible para evitar spoilers sobre
a historia deste misterio tÃtulo que, sen ser unha superprodución, promete ser
bastante diferente ao que estamos afeitos.