Dead Rising 4 estrea versións para Xbox One e Windows 10

mércores, 7 de decembro do 2016 Marcus Fernández

O xornalista gráfico Frank West elixiu unha data curiosa para volver ás nosas vidas, e precisamente na xornada de onte estreou o xogo Dead Rising 4, no que este intrépido personaxe volve á carga para protagonizar unha nova historia de mortos viventes, na que volveremos a contar cun amplo arsenal que poderemos combinar para combater á horda zombi.
Esta nova aventura estrea novas clases de zombis, exotraxes e un modo multi-xogador cooperativo para 4 xogadores. Os xogadores que queiran gozar desta nova historia de Frank West poden xa adquirir o xogo por 69,99 euros na súa versión para Xbox One, ou pagar 10 euros menos para facerse coa súa versión para Windows 10.

A violencia esaxerada continúa a ser un dos elementos máis destacables desta saga
En Dead Rising 4 volvemos a contar co reporteiro gráfico Frank West, xa afeito a enfrontarse a mortos viventes

Tráiler de lanzamento de Dead Rising 4

PUBLICIDADE