Dead Rising 2 estrea prólogo descargable para Xbox 360

martes, 31 de agosto do 2010 Marcus Fernández

A falta de preto dun mes para o lanzamento de Dead Rising 2, chegou ao Bazar de Xbox LIVE un xogo descargable a xeito de prólogo chamado Dead Rising 2: Case Zero, que pode adquirirse por 400 puntos (4,8 euros) e presenta ao principal protagonista, Chuck Green, que tras lograr escapar por fortuna de Las Vegas coa súa filla Katey, chega a Still Creek, on de terá que volver a enfrontarse a un exército de mortos viventes antes de que remate o tempo, nunha aventura que terá unha duración de entre 2 e 3 horas, imprescindible para os seareiros desta saga.
Este prólogo serve de adianto do que será Dead Rising 2, limitando a acción a 10 rúas, 10 establecemento, 1 quilómetro cadrado de mapa e un milleiro de zombis, e aínda que esteamos ante un contido descargable para Xbox 360, o xogo final terá tamén versión para PlayStation 3 e PC que poderemos ver nas tendas a finais de setembro.


Trailer de Dead Rising 2: Case Zero

Chuck Greene deberá sobrevivir a un milleiro de mortos viventes nesta nova aventura descargable

PUBLICIDADE