Dead Rising 2: Case West chega á Xbox 360

luns, 27 de decembro do 2010 Marcus Fernández

O Bazar de Xbox LIVE recibe hoxe a agardada secuela de Dead Rising 2, un episodio descargable titulado Case West e que xunta a Chuck Greene, protagonista da última entrega da franquía, con Frank West, o reporteiro gráfico que facía o propio no xogo orixinal, que unen forzas para limpar o nome de Greene (acusado falsamente de ser o responsable da explosión zombi en Fortune City) e recoller probas para que West poida acabar con Phenotrans (compañía detrás dos problemas dos nosos heroes) para o que deben infiltrarse nunhas instalacións remotas da empresa, onde atopan novos inimigos e novas armas, á vez que descubrirán terribles segredos sobre esta franquía que promete ser o novo Resident Evil.
Dead Rising 2: Case West está á venda por 800 puntos (9,6 euros) e tamén conta cunha versión de demostración de balde. Polo momento este contido é exclusivo da Xbox 360, como xa aconteceu con Dead Rising 2: Case Zero.

PUBLICIDADE