DanceStar Party animará a bailar fronte a PS3

venres, 22 de xullo do 2011 Marcus Fernández

A finais de ano os usuarios de PlayStation 3 que conten co periférico PlayStation Move poderán gozar dun novo xogo dos creadores de SingStar que animará a bailar diante da consola: DanceStar Party.
Este novo xogo contará con 40 grandes éxitos de artistas nacionais e internacionais e aproveitará a precisión de Move para detectar os movementos dos xogadores que así poderán practicar e aprender 4 coreografías diferentes por canción, con niveis de dificultade diferentes, garantindo diversión para todo tipo de usuario. Na liña de SingStar, en DanceStar Party tamén será posible cantar os temas á vez que se baila, dando lugar a toda unha festa.
Entre os detalles máis curiosos do xogo están os Dance Partner (o xogador poderá crear coreografías de baile xuntos aos seus amigos), Live Feed (aplicación que permitirá coñecer quen liderou a pista de baile na última sesión) e Adestramento (cun contador de calorías para rexistrar o progreso semanal como parte dun réxime de exercicio).
As actuacións no DanceStar Party poderán gardarse en liña e compartirse coa súa comunidade de usuarios e en redes sociais.


Trailer de DanceStar Party

PUBLICIDADE