DaVinci Pinball chega aos móbiles Nokia Lumia
martes, 23 de abril do 2013
Dende Nokia gustan de mimar aos usuarios dos seus móbiles,
de xeito que o lanzamento do xogo DaVinci
Pinball para Windows Phone 7.5 e 8
realÃzase en exclusiva para os seus móbiles Lumia, a un prezo de 2,99 euros,
contando tamén cunha versión de proba para poder botar unha ollada a este
pinball temático antes da súa adquisición.
O xogo é obra de Gameprom, compañÃa especializada na creación de pinballs, que
desta volta integra no seu deseño unha temática moi orixinal na que mestúranse
armas, arquitectura e máquinas medievais na mesa de xogo, permitindo tamén
explorar incribles inventos como a máquina voadora de Da Vinci.
Este xogo conta cuns gráficos moi coidados, fÃsicas realistas, banda sonora
orixinal e numerosos retos que poderán seguirse secuencialmente a xeito de
trama. Unha xoia do deseño que agora pode gozarse nos móbiles Lumia baixo o
selo Xbox.