DUST 514</Em>, o primeiro FPS Free-to-Play para PS3

mércores, 15 de maio do 2013 Marcus Fernández

Tras estrear versión en probas a finais do mes de xaneiro, hoxe estréase oficialmente o xogo para PlayStation 3 DUST 514, un shooter futurista en primeira persoa baseado no universo de EVE Online e que pode sorprender por achegarse baixo o modelo Free-to-Play, ou sexa, que pode descargarse de balde, podendo pagarse por unha moeda virtual chamada Aurum e que permite a adquisición de elementos no xogo (personalizacións e accesorios) que tamén están dispoñibles a través dalgúns lotes que poden adquirirse mediante pagamento. Como exemplo dos contidos de pagamento temos o Mercenary Pack (lote con 40.000 Aurum, potenciador de habilidades durante 30 días e accesorios exclusivos por 19,99 euros), o Veteran Pack (con 100.000 Aurum, traxes, potenciadores, un vehículo, un rifle e outros elementos por 49,99 euros) e o Elite Pack (con 200.000 Aurum, 4 traxes, varias armas, un vehículo lixeiro de ataque e varios vehículos pesados por 99,99 euros).
Este xogo de CCP Games sería o primeiro FPS multixogador de consola en estrearse como Freet-to-Play, o que agardan que sexa o comezo dunha práctica que podería ser tendencia na vindeira xeración de consolas de videoxogos, que facilita introducirse nos xogos sen realizar pagamento algún, pero tendo que investir cartos para poder conseguir unha experiencia de xogo máis completa (aínda que sexa só para reducir o tempo de progresión dos personaxes).
En FUST 514 temos así un xogo que busca evolucionar de produto a servizo, que xa está aberto ao público e que xa ten prevista unha actualización no mes de xuño e algunha outra novidade ao longo do ano, chegando estas actualizacións de balde.

DUST 514 achega de balde unha experiencia de acción en primeira persoa en liña

PUBLICIDADE