DUO Electronic converte as pantallas en táctiles

venres, 5 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios que non sexan moi mañosos e que queiran converter a pantalla do seu equipo informático en táctil sen unha complexa instalación nin desmontar o monitor poden optar por adquirir o DUO Electronic, que emprega un sensor que se coloca na parte superior da pantalla e un lapis para escribir virtualmente sobre a pantalla e que se vende en dúas versións: para portátiles con pantallas de ata 15,4 polgadas (podendo colocarse o sensor na parte superior da pantalla ou nos laterais) e para monitores de sobremesa de ata 22 polgadas (nos que o sensor se podería colocar a calquera lado do monitor).
Esta solución permite utilizar o lapis incluído a xeito de rato informático, só que se emprega directamente sobre a pantalla e mesmo é compatible co sistema de recoñecemento de escritura de Windows Vista. Tamén conta coa opción de cambiar a punta do lapis para escribir sobre un papel, e que se vexa reflectido o que escribimos no ordenador.

PUBLICIDADE