DRIVECLUB contará cunha edición especial con contidos adicionais

luns, 11 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Co gallo da celebración da Gamescom de Colonia Sony decidiu presentar a edición especial do seu xogo de condución DRIVECLUB que chegará ás tendas europeas o vindeiro 8 de outubro, e que achegará contidos exclusivos para os que se fagan con esta nova edición que pode xa encargarse a través de certos establecementos adheridos á promoción, custando o xogo 69,99 euros.
Esta edición chega cunha cuberta única, facilita o acceso instantáneo a 5 coches de alto rendemento (McLaren P1, Mercedes-Benz C63 AMG Coupe Black Series, Ferrari 458 Italia, Aston Martin v12 Vantage S e Alfa Romeo 4C), 2 lotes exclusivos para personalizar o coche e o logotipo da escudaría e un par de adhesivos de vinilo (un en branco e outro en vermello) ideais para personalizar un ordenador portátil ou unha consola de videoxogos.

Coa edición especial do xogo inclúense varios vehículos de alto rendemento

PUBLICIDADE