DOOM rexurdirá o 13 de maio
xoves, 4 de febreiro do 2016
Este ano volve o clásico DOOM para PC, Xbox One e PlayStation 4, e
finalmente Bethesda deu conta da data de lanzamento do xogo que está a
desenvolver id Software, que será
o 13 de maio, e non se conformará cun lanzamento discreto, senón que
contará cunha Edición Coleccionista Premium que incluirá o xogo en caixa metálica
e unha figura de 30 centrÃmetros cunha base xiratoria con iluminación LED, e
que previsiblemente será dunha edición bastante limitada.
Tamén deron conta do
feito de que os usuarios que reserven o xogo accederán a contido exclusivo para
o modo multi-xogador, que contará cun conxunto de armadura personalizable con 3
skins diferentes, 6 pinturas
metálicas para aplicar a armas ou armadura, tres patróns co logotipo de id para
aplicar a armas e armadura e 6 módulos de hackeo
que desbloquearán instantaneamente varias recompensas.
O xogo recuperará a acción frenética na que ter que aniquilar hordas de demos
que chegan das profundidades do Inferno, que tamén contará con modos multi-xogador
e un editor de mapas que poderán compartirse co mundo enteiro. Para que vaiamos
facéndonos unha idea do que atoparemos, veñen de estrear un novo vÃdeo
promocional: