DJI presenta nova cámara de acción
mércores, 27 de outubro do 2021
O
fabricante de drons DJI tamén ten grande experiencia en cámaras estabilizadas,
e quere aproveitar esta experiencia para competir con GoPro, de aà que recunque
no mercado das cámaras de acción coa nova DJI Action 2, que presenta un
deseño magnético intercambiable e adaptable que abre novas vistas para facer
que os vÃdeos sexan cativadores, con ferramentas únicas para encadrar, gravar e
monitorizar unha cámara, e coa grande estabilización que caracteriza á marca.
A nova cámara é máis pequena, máis versátil e máis potente que a súa
predecesora, proporcionando as ferramentas para capturar aventuras en nÃtidos
vÃdeos 4K. A DJI Action 2 só pesa 56 gramos e o seu formato permite que poida fixarse
a un casco, a un guiador de bicicleta, a unha táboa de surf ou incluso a unha
camiseta, para poder realizar gravacións dende perspectivas impresionantes
mentres que o usuario goza da aventura en mans libres. A cámara é resisnte á
auga, ao po e ás caÃdas, cunha resistencia suficiente para a meirande parte de
aventureiros.
A unidade de cámara conta cunha pantalla OLED táctil de 1,76 polgadas, cunha
pantalla OLED adicional no módulo de pantalla táctil frontal, que se acopla de
xeito seguro na parte inferior da unidade da cámara de xeito magnético,
facilitando a realización de selfies e a realización de autogravacións.
A DJI Action 2 conta cun sensor de imaxe de 1/1.7 polgadas que grava vÃdeo en 4K
a 120 imaxes por segundo cun campo de visión de 155 graos, que con RockSteady
2.0 estabiliza as imaxes conseguindo grande fluidez nas gravacións. A unidade
de cámara ten unha baterÃa cunha autonomÃa de até 70 minutos, que chega até os
160 minutos se conectamos o módulo de pantalla frontal e 180 minutos co módulo
de alimentación.
A DJI Action 2 tamén conta con funcións intelixentes que permiten gravar vÃdeos
en cámara lenta, hyperlapse e timelipse, QuickClip (pequenas gravacións de 10,
15 ou 30 segundos para compartir en redes sociais), retransmitir vÃdeo en directo
(até Full HD a 30 imaxes por segundo) e incluso funcionar como unha webcam USB.
Entre os seus accesorios destaca o sistema
de microfonÃa sen fÃos DJI Mic, que conta con 2 transmisores de micrófono,
un receptor e un estoxo de carga, e facilita a captura de audio a unha
distancia de até 250 metros, conseguindo que as gravacións para redes sociais rexistren
claramente as voces protagonistas.
A DJI Action 2 pode adquirirse nun lote que inclúe a unidade de cámara, o
módulo de pantalla e varios accesorios por 519 euros,
mentres que o lote que inclúe o módulo de cámara e un módulo de alimentación reducirÃa o seu
prezo até os 399 euros. Estamos asà ante un produto interesante, pero que a
nivel de prezo está demasiado preto de GoPro (a HERO10 Black véndese actualmente
por 429,98 euros), polo que resultaralle difÃcil facerse un oco significativo
no mercado mentres non conte con prezos máis agresivos.
- A resistencia á auga da DJI Action 2 permite incluso somerxer a cámara até a 10 metros de profundidade
VÃdeo de presentación da DJI Action 2