DIGI comeza a ofrecer fibra óptica

mércores, 19 de setembro do 2018 Marcus Fernández

Estamos a vivir un verán no que os operadores de telecomunicacións iniciaron unha impresionante guerra de prezos, provocada en boa medida para compensar os cambios de escenario na comercialización do fútbol televisado, e que como consecuencia ten ofertas que poden resultar moi atractivas para os consumidores, como a que hoxe mesmo presenta DIGI Mobil España, que en Madrid ofrece conexións simétricas de fibra a velocidades de 30 e 500 Mbps por 25 e 30 euros/mes respectivamente, incluíndo instalación en router Wi-Fi e carecendo de compromisos de permanencia. O que quizais sorprenda máis desta oferta é a posibilidade de engadirlle liña de telefonía fixa con identificación de chamadas por só 1 euro adicional ao mes.
Para os usuarios que combinen a fibra óptica de DIGI cunha das súas liñas móbiles recibirán como compensación do dobre de datos no móbil, conformando así unha das ofertas máis agresivas do panorama español (por exemplo, fibra de 500 Mbps con 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 6 GB de datos cada unha sairía en 42 euros/mes), que polo momento só está dispoñible para a Comunidade de Madrid, pero que aseguran que irá espallándose polo resto da xeografía española.

PUBLICIDADE