Cyberpunk 2077 sairá á venda en decembro

martes, 27 de outubro do 2020 Marcus Fernández

O vindeiro grande xogo de CD Projekt Red continúa a acumular adiamentos, e tras mudarse a data de lanzamento de abril a setembro e de setembro a novembro, volve retrasar a súa saída, que agora queda fixada no 10 de decembro, o que permite cumprir a promesa de ver a luz en 2020, aínda que aproximándose demasiado ás festas de Nadal, algo moi pouco habitual a nivel comercial, sendo habitual que os grandes lanzamentos teñan lugar antes do Black Friday.
Dende CD Projekt Red descúlpanse pola acumulación de retrasos, e aseguran que estalles a supor un reto entregar o xogo de xeito simultáneo a consolas da presente xeración, da vindeira xeración e para PC, de xeito que Cyberpunk 2077 está a prepararse en 9 versións distintas (Xbox One/X, Xbox Series S/X, PS4/Pro, PS5, PC e Stadia), reto ao que hai que sumar as complicacións do teletraballo imposto pola pandemia, e aínda que adiar 3 semanas o lanzamento non parece que poida supor grandes cambios, cómpre lembrar que o estudio xa dera o xogo por completado hai poucos días, ou sexa, que non se fala de realizar grandes cambios, senón de simples pulidos de última hora, para que o xogo poidan manter os estándares de calidade propios de CD Projekt Red e así no día de lanzamento dispoña dunha actualización que corrixa os problemas máis graves detectados e poida achegar unha experiencia de xogo que deixe un bo sabor de boca dende o primeiro momento.

Cyberpunk 2077 é o xogo máis ambicioso da historia de CD Projekt Red, de aí que non sorprenda que adíen o seu lanzamento en tantas ocasións, para poder estar á altura do que o público espera desta superprodución

PUBLICIDADE