Cuphead terá versión para Nintendo Switch
mércores, 20 de marzo do 2019
Tras
gañarse o corazón do público no E3 de 2015, en 2017 chegou a
Xbox One e PC o xogo Cuphead, que
coa súa estética de debuxo animado dos anos 30 achegaban un tÃtulo de
plataformas bastante básico no que o seu elemento forte eran os enfrontamentos
a xefes finais orixinais e
desafiantes. Pero este xogo de StudioMDHR Entertainment non vai limitarse a
quedar aÃ, e hoxe
anunciaron que o 18 de abril vai dar o salto á Nintendo Switch, permitindo
tanto o xogo en solitario como dun modo cooperativo empregando os dous
Joy-Cons.
- Grazas aos Joy-Cons será posible gozar do modo cooperativo de Cuphead en Switch
Cuphead para Nintendo Switch venderase a un
prezo de 19,99 euros, e non só incluirá os contidos das versión para Xbox One e
ordenadores persoais, senón que tamén vai recibir unha grande actualización na
que permitirá que poidamos iniciar a campaña para un xogador co personaxe
Mugman, gocemos de novas cinemáticas totalmente animadas e contemos con textos
totalmente localizados a 10 idiomas máis (entre os que non falta o español e o
portugués de Brasil). Estas novidades tamén chegarán o 18 de abril a todo o que
mercase anteriormente o xogo (con independencia da plataforma en concreto).
O feito de que esteamos ante un xogo que inicialmente trunfou en Xbox One fai
que os seus xogadores valoren a súa integración
en Xbox LIVE, plataforma que vai chegar a Windows 10, iOS, Android e... Nintendo
Switch, aÃnda que dende o StudioMDHR recoñecen que a integración do xogo de
Switch en Xbox LIVE non terá lugar até dentro de varios meses, ou sexa, que
chegará a través dunha actualización.
Tráiler de presentación de Cuphead para Switch