Cuphead chega a Xbox One e PC
venres, 29 de setembro do 2017
Durante a celebración do E3 en 2015 destacou un xogo en
particular dentro
da conferencia de Microsoft, Cuphead,
por amosar unha estética de debuxo animado dos anos 30 que namorou aos
asistentes. Segundo foron pasando os meses desvelouse que o xogo era moi
peculiar, xa que consistÃa só en combates con xefes finais, o que era unha proposta demasiado arriscada, polo que
ao final decidiron engadirlle elementos tradicionais dos xogos de plataformas,
para ofrecer unha experiencia máis ampla, e finalmente este tÃtulo sae á venda,
podendo adquirirse en Steam e GOG para PC, aÃnda que resulte máis
atractiva a súa compra na tenda de Microsoft, xa que Cuphead está incluÃdo no
programa XBOX Play Anywhere, de xeito que cunha única
compra temos o tÃtulo para Xbox One e PC.
O xogo chega como un clásico dispara e
corre, centrado en combates contra xefes finais, que cos seus coidados
apartados visual e sonoro (con animacións feitas a man, fondos pintados a
acuarela e gravacións musicais de jazz) constrúen un mundo fantástico que
poderemos percorrer en solitario como Cuphead ou Mugman (en solitario ou
cooperativo). Nesta aventura adquiriremos armas, aprenderemos supermovementos e
descubriremos segredos ocultos que facilitará que os protagonistas poidan pagar
a súa débeda co demo.
Tráiler de presentación de Cuphead