Crysis 3 estrea a versión de proba do seu modo multixogador

martes, 29 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Dende hoxe e até o 12 de febreiro os usuarios Gold de Xbox LIVE, de PlayStation 3 e de PC poden gozar á beta aberta de Crysis 3, de xeito que contará coa posibilidade de participar de xeito activo en 2 dos 8 modos multixogador dos que contará este xogo de Crytek que non chegará ata as tendas europeas até o 22 de febreiro.
Concretamente a demo aberta de Crysis 3 facilita xogar aos modos Punto de Impacto e Cazador en 2 mapas exclusivos: Museo e Aeroporto.
En Crysis 3 poderemos entrar en combate nas Sete Marabillas da Cúpula da Liberdade de New York, encarnando a Prophet, o soldado que aproveita as propiedades de blindaxe e camuflaxe do seu nanotraxe e un novo arco de alta tecnoloxía e outros elementos dun arsenal alieníxena para dar caza a inimigos humanos e extraterrestres. Como trama deberemos descubrir a verdade tras a morte do escuadrón de Prophet e devolver o poder á raza humana nunha historia chea de sorpresa que destaca especialmente polo seu apartado técnico.


Vídeo explicativo da beta do modo multixogador de Crysis 3

PUBLICIDADE