Crossy Road chega a Windows
martes, 5 de maio do 2015
- Crossy Road pode agora xogarse dende ordenadores persoais
Tras ter un grande éxito en iOS, o xogo Crossy
Road estreou versión para Android a primeiros
de ano, e continuando a espallarse por distintas plataformas,
este xogo inspirado no clásico Frogger,
no que habÃa que axudar a unha ra a cruzar a estrada e superar distintos
obstáculos, sorpréndenos chegando
a Windows Phone 8.1 como aplicación universal, de xeito que tamén podemos instalar
o xogo en Windows 8.1 a través da tenda de aplicacións, de xeito que este
tÃtulo deseñado para dispositivos móbiles incluso poderÃa gozarse en
ordenadores de escritorio, o que permite un control máis áxil e preciso e
incluso pode verse en formato horizontal (cando en dispositivos móbiles a
disposición do xogo é vertical).
Crossy Road pode instalarse totalmente
de balde, aÃnda que como outros xogos free-to-play
conta con contidos de pagamento dentro da aplicación, para poder desbloquear
contidos como os máis de 50 personaxes inspirado no pop art e no retro, xa
que aÃnda que comecemos a nosa aventura de desprazamento vertical controlando
unha pita, poderemos ir mudando de personaxe, que na meirande parte son
distintos animais.
Estamos ante un xogo cunha estética moi atractiva, pero que destaca
especialmente pola súa xogabilidade, que tanto permite botar partidas rápidas
como longas sesións de xogo avanzando o máximo posible.
- Windows Phone 8.1 recibe finalmente o célebre Crossy Road