Crazy Taxi xa está dispoñible para Xbox 360
mércores, 24 de novembro do 2010
Hoxe é un grande
dÃa para os nostálxicos da consolas Dreamcast de SEGA, pois o clásico xogo Crazy Taxi completa a súa chegada ás
consolas de alta definición incorporándose
ao catálogo europeo de Xbox LIVE Arcade como tÃtulo descargable por 800 puntos
Microsoft (9,6 euros), permitindo recuperar unha experiencia de xogo que
inicialmente puido vivirse en máquinas recreativas e na fracasada consola de
SEGA da que tan bos recordos teñen algúns.
O xogo xa chegara
o pasado dÃa 17 á PlayStation Store por 9,99 euros, e en ambas versións o
tÃtulo presenta
uns gráficos de alta definición a 720p e son envolvente remasterizado
dixitalmente, de xeito que a experiencia de percorrer a toda velocidade rúas
ateigadas de xente, estradas e variadas localizacións para levar aos clientes
do noso taxi ao seu destino no menor tempo posible nunca tivo tal nivel
técnico, ao que hai que sumar cadros de puntuacións, logros, 2 modos de xogo
(arcade e orixinal) e 16 minixogos que fan aÃnda máis completo o xogo do que
podemos ver o seguinte trailer: