Confirman que o Sony Ericsson Aino pode acceder aos contidos da PS3
mércores, 2 de setembro do 2009
Sony anunciou
oficialmente as caracterÃsticas de reprodución
multimedia remota en combinación coa PlayStation 3 do móbil Sony Ericsson Aino,
de xeito que na súa pantalla táctil de 3 polgadas poden verse contidos
almacenados na PS3 grazas a que a consola de Sony pode conectarse á Internet a
través de Wi-fi ao igual que o Aino pode facer o propio a través de 3G.
O sistema de control remoto do Aino non só pode reproducir contidos en remoto, senón que tamén permite
acender e apagar a PS3, facilitando asà o acceso a vÃdeos e música almacenados
no disco duro da consola de Sony (aÃnda que non permite o uso remoto de xogos
coma rumoreouse nas últimas semanas) e incluso ao servizo Play TV.
O Aino tamén permite acceder a podcasts, Facebook e YouTube, recibe radio FM,
grava vÃdeo a 25 fotogramas por segundo, toma fotografÃas a 8,1 MpÃxeles (con
flash e enfoque automático) e conta cunha tarxeta SD de 8 Gb para gardar
contido descargable.