Comezan a aceptar encargos do BlackBerry inPulse
luns, 26 de outubro do 2009
Allerta vai pór á venda o
vindeiro mes de febreiro por 149
dólares (100 euros) para EE.UU. e Canadá o dispositivo BlackBerry inPulse, que é un accesorio
para terminais BlackBerry, con forma de reloxo de pulso que emparéllase coa
BlackBerry por Bluetooth 2.0 para amosar na súa pantalla OLED de 1,3 polgadas
información coma identificación de chamada, mensaxes de texto completas e
encabezados dos correos electrónicos manexándose a través dun botón de
navegación, sen precisar sacar o móbil do peto.
O BlackBerry inPulse, ten corpo de metal, pantalla de cristal, baterÃa de 150
mAh (que achegarÃa unha autonomÃa duns 4 dÃas de uso), vibración e unhas
dimensións de 5,1 x 3,8 x 1,2 centÃmetros, e xa
aceptan reservas, descoñecéndose a data de comercialización do trebello en
Europa.