Comeza a venderse o Asus Eee PC 900
mércores, 16 de abril do 2008- O novo Eee estrearase nas tendas de Hong Kong
Asustek comezará a vender o seu novo Eee PC 900 o vindeiro sábado
en Hong Kong, que non se limitará a comercializarse no mercado asiático, senón
que tamén chegará a Europa, aÃnda que de xeito paulatino.
O novo modelo do revolucionario Eee (o equipo de referencia nos ultraportátiles)
ten unha pantalla de 8,9 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 pÃxeles,
procesador Intel Mobile, 1 Gb de RAM, Wi-Fi, webcam de 1,3 MpÃxeles, lector de
tarxetas SDHC, 3 portos USB, saÃda de VGA, Ethernet, touchpad multitáctil
(prestación que adiantara o MacBook Air), unhas dimensións de 22,5 x 17 x 2-3,38 centÃmetros e
un peso de só 0,99 quilogramos, e terá prezos
de entre os 247 e os 408 euros segundo prestacións.
Poderase adquirir con disco de memoria sólida de 12 ou 20 Gb e con Linux ou
Windows XP preinstalado.
Este novo equipo chegará o
dÃa 19 a Hong Kong e presumiblemente tamén no Reino Unido, e durante os
seguintes dÃas chegarÃa a Francia, Taiwán e Singapur, tendo
que agardar Australia, Alemaña e Italia ata o mes de maio. No resto de
Europa non hai datas estimadas de comercialización.