Claude estrea aplicación para Android
martes, 16 de xullo do 2024
Ao igual que ChatGPT e Gemini teñen as súas aplicacións móbiles de seu, o modelo de linguaxe de Anthropic, Claude 3.5 Sonnet, está a estrear aplicación para Android, dispoñible para usuarios de balde e para os que teñen subscricións de pagamento.
Deste xeito Claude está dispoñible vía web, así como a través das súas aplicacións para iOS e para Android. O uso da nova aplicación facilita o aproveitamento das capacidades de visión (cargándolle imaxes ou tomándoas directamente para analizalas en tempo real), traducir idiomas en tempo real (axudando a comunicarse con outros ou a entender o mundo ao noso redor) e ser capaz de manexar problemas complexos, como analizar contratos mentres viaxamos ou poder analizar o mercado para preparar unha reunión.