SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Chrome estréase en dispositivos con Android 4.0

martes 7 de febreiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

O navegador web de Google, Chrome, leva dende 2008 mellorando o xeito de moverse pola web dende o ordenador, e agora levan a experiencia a dispositivos móbiles estreando Chrome para Android en Beta, o que permite que os smartphones e tablets con Android 4.0 poidan gozar deste potente e rápido navegador web. Estamos ante un navegador que presume de velocidade, de simplicidade e de moitas outras funcións como a sincronización entre dispositivos, o que permite acceder ás fichas abertas no PC dende o móbil, obter suxestións máis intelixentes no móbil (o navegador web móbil incluirá nas súas suxestións de enderezos web os que introducimos dende o ordenador de escritorio), facilita o enviar páxinas ao terminal móbil con facilidade e tamén conta con sincronización de marcadores (para poder consultar dende calquera equipo/dispositivo as nosas páxinas web favoritas).
Á aplicación non lle faltan prestacións como a navegación privada en modo incógnito, aínda que coma limitación podemos comentar que carece de soporte de Adobe Flash Player. Xa está dispoñible para a súa descarga dende o Android Market. Falta por ver agora se os fabricantes de móbiles deixarán o navegador web que vén normalmente instalado de serie nos seus dispositivos ou optarán polo novo navegador como opción preferente.

JPEG - 99.6 KB
Chrome para Android está adaptado tanto para móbiles como para tablets



Vídeo de presentación da versión de proba de Chrome para Android 4.0

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS