Chegan ao mercado os teléfonos Yealink, “a solución perfecta para conferencias”

venres, 22 de xaneiro do 2016 Redacción

No transcurso do primeiro semestre de 2016 chegará ao mercado estatal unha familia de teléfonos compatíbeis con Microsoft Skype for Business que, en palabras dos seus desenvolvedores, constitúe “a solución perfecta para conferencias”. O teléfono Yealink, recoñecido co premio Skype for Business do Grupo TMC pola súa “contribución ao medre deste tipo de tecnoloxías no eido empresarial”, será distribuído no mercado español pola firma SPC. Segundo esta compañía, “estamos perante unha solución completa e innovadora que cobre todas as necesidades de profesionais de calquera compañía, tanto PEME como grandes empresas”.
Os aparellos da gama Yealink contan con calidade de voz HD “e unha moderna interface” deseñada para o usuario do Skype empresarial. Incorpora ademais funcións avanzadas de conferencia, xestión visual da caixa de correos de voz, marcación nun só toque e a funcionalidade BToE (Better Together over Ethernet) para unha doada conmutación de chamadas entre o cliente PC de Skype for Business e os teléfonos. Yealink, arestora o segundo fabricante do mundo de teléfonos IP, está certificado como Microsoft Gold Communications Competency Hardware Partner, o que en palabras da compañía “garante que os seus produtos son de fácil uso e aprendizaxe”. A gama inclúe cinco teléfonos: o T40P, T41P, T42G, T46G e T48G. Este último é o “buque insignia”, salientando pola súa pantalla táctil de 7 polgadas que amosa as fotos e o estado de presenza dos contactos da axenda.

PUBLICIDADE