Chegan a España os auriculares JBL Quantum 810 Wireless

martes, 3 de maio do 2022 Marcus Fernández

Tras o lanzamento do seu primeiro micrófono USB, o Quantum Stream, JBL amplía a familia de produtos orientada a xogadores co JBL Quantum 810 Wireless, uns auriculares integrais sen fíos para gaming, de alto rendemento, con cancelación de ruído activa e Bluetooth.
Estes novos auriculares incorpora son envolvente dual JBL QuantumSURROUND e DTS Headphone:X 2.0, teñen un micrófono abatible, o seu deseño busca ser lixeiro e cómodo durante moitas horas de uso, son compatibles con software JBL QuantumENGINE para PC (que permite personalizar o son e aplicar efectos de iluminación RGB), teñen regulador de audio de chat para controlar o volume da voz e do xogo (pensando no uso de Discord durante as partidas), e poden conectarse ao PC sen fíos a través dun dongle USB, a dispositivos Bluetooth 5.2 e tamén mediante cable cunha toma de 3,5 milímetros (de xeito que poden usarse practicamente con calquera consola de videoxogos).
A súa batería permítelles unha autonomía de até 30 horas e o seu prezo de venda recomendado é de 179 euros.

Vídeo promocional dos JBL Quantum 810 Wireless

PUBLICIDADE