Chega ás tendas o novo Call of Duty
martes, 13 de novembro do 2012
O xogo que presumiblemente liderará as vendas na vindeira campaña
de Nadal, Call of Duty: Black Ops II,
chegou hoxe ás tendas nas súas versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC,
mentres que a súa versión para Wii U chegará o vindeiro dÃa 30, co lanzamento
da nova consola doméstica de Nintendo. Esta secuela de Black Ops leva a acción ao futuro, concretamente ao ano 2025, onde
teremos numeroso armamento avanzado, robots e tecnoloxÃa de avións non
tripulados que diferenciarán este tÃtulo dos outros Call of Duty, e que parece que vai ser un grande éxito se atendemos
ao feito de que superou en reservas a Call
of Duty: Modern Warfare 3 e dende Amazon aseguran
que foi o xogo máis reservado da historia da súa tenda en liña.
Unha das grandes apostas de Call of Duty:
Black Ops II é o seu modo multixogador, que incorpora un revolucionario
sistema de creación de clases, ofrecendo unha personalización de xogo inédita,
que se adapta a cada estilo de xogo. Tamén inclúe os sistemas League Play,
play-by-play e CODcasting; pode transmitir partidas a YouTube en tempo real; e
incluso conta con 3 modos de xogo con zombis.
- Os usuarios do novo Call of Duty poderán gozar de varios modos zombi